jueves, 28 de mayo de 2020

DISLEXIA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Ola nenas e nenos! Hoxe tráiovos este pequeno exercicio interactivo mediante o que se traballa a lectura e a confusión de letras similares pola súa forma ou posición. Lede con atención e picade na opción correcta!

Podedes ampliar a ficha a tamaño completo se picades nas frechas de cor gris que hai abaixo á esquerda.

Achégovos tamén embaixo, de novo, os pasos para facer e enviar as fichas interactivas.

Dislexia, una ficha interactiva de ProfeALBouzaBrey
liveworksheets.com

Pasos para facer as fichas interactivas:
1º. Completo a ficha
2º. Reviso que estea todo respostado.
3º. Fago click en terminado (na parte de abaixo da ficha).
4º. Abrirase unha pestana con estas dúas imaxes: 
4º. Selecciono sobre ("enviar mis respuestas a mi profesor/a") e aparecerá esta imaxe:
5º. Último paso. Agora cubro os datos
Nome e apelidos, curso 
Asignatura: AL 
Email profe: audicionylenguajeeducacion@gmail.com

miércoles, 27 de mayo de 2020

ARTICULACIÓN E AUDICIÓN
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Ola nenas e nenos! Achégovos un xogo para traballar a articulación de R, S e sinfóns.

Só precisades dous dados (se non tedes, podedes escribir os números en anaquiños de papel e escoller cos ollos pechados). Tedes que lanzalos ao mesmo tempo e buscar a casa correspondente ao cruce de ambos. Unha vez atopada, dicide en alto o que vedes.

Imos poñer un exemplo co primeiro taboleiro, o de R:
* Tiramos os dados:
* Buscamos 1 na liña vertical ↓.
* Buscamos 6 na liña horizontal →.
* Buscamos o recadro onde se cruzan 1-6: bruxa - bruja.

Agora tócavos a vós! Divertídevos!


Fonte: https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com/el-juego-de-los-dados-foneticos/

martes, 26 de mayo de 2020

CONTOS E MÁIS CONTOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Aquí vos deixo un contiño para traballar a tolerancia, o respecto e a comprensión: O soño de Lolo.

Podedes facelo tanto na versión en castelán como en galego. Ao rematar o conto, apareceranvos unhas actividades relacionadas co mesmo.


Aquí déixovos uns consellos:
📌Activar o audio.
📌Á dereita, hai unhas frechas: vermella para avanzar nas diapositivas, verde para retroceder.

lunes, 25 de mayo de 2020

EXPRESIÓN ORAL E PENSAMENTO CREATIVO
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bo luns nenas e nenos! Para comezar esta soleada semana propóñovos unha nova actividade de expresión oral. 

Traballaremos a formulación de preguntas. Por iso, tedes que fixarvos que dentro de cada recadro hai unha resposta e un debuxo. Lédea con atención e elaborade a pregunta para esa resposta.

Cando rematedes, podedes contestar vós a esas preguntas. Ánimo! 


Fonte: https://www.aulapt.org/2015/10/29/inventar-preguntas-a-partir-de-una-respuesta-dada-con-ayudas-visuales/

jueves, 21 de mayo de 2020

ESTIMULACIÓN COGNITIVA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bos días nenas e nenos! Hoxe propóñovos unha ficha interactiva sobre asociacións de conceptos cotiás.

Para resolvela tedes que empregar o pensamento lóxico e o razoamento verbal. Para iso, tedes que fixarvos nas imaxes da primeira columna, e buscar na segunda con que outra imaxe garda relación. Contaredes porqué se relacionan eses dous obxectos. E podemos engadir máis: se vós os empregades, cando, onde, como os usades...

parejas lógicas, una ficha interactiva de ProfeALBouzaBrey
liveworksheets.com


E recordade os pasos para facer as fichas interactivas:
1º. Completo a ficha
2º. Reviso que estea todo respostado.
3º. Fago click en terminado (na parte de abaixo da ficha).
4º. Abrirase unha pestana con estas dúas imaxes: 
4º. Selecciono sobre ("enviar mis respuestas a mi profesor/a") e aparecerá esta imaxe:
5º. Último paso. Agora cubro os datos
Nome e apelidos, curso 
Asignatura: AL 
Email profe: audicionylenguajeeducacion@gmail.com
MATERIAL PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Compartóvos un novo caderno de problemas do blog https://www.aulapt.org/, pesando para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Algunhas actividades requiren pensar ou manipular para poder facelo. O resto de tarefas resólvense con sumas ou restas sen levadas.

martes, 19 de mayo de 2020

ARTICULACIÓN E AUDICIÓN
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Hoxe tráiovos dúas fichas interactivas de discriminación auditiva dos fonemas "r-rr" e "s-z". 

Escoitade con atención e escribide as respostas en minúsculas. Para ver a ficha a tamaño completo, pinchade nas frechas que aparecen abaixo á esquerda. 

Ficha r / rr:
Ficha s / z:


Recórdovos os pasos para enviar as fichas:
1º. Completo a ficha
2º. Reviso que estea todo respostado.
3º. Fago click en terminado.
4º. Abrirase unha pestana con estas dúas imaxes: 
4º. Selecciono sobre ("enviar mis respuestas a mi profesor/a") e aparecerá esta imaxe:
5º. Último paso. Agora cubro os datos
Nome e apelidos, curso 
Asignatura: AL 
Email profe: audicionylenguajeeducacion@gmail.com

lunes, 18 de mayo de 2020

XOGOS EDUCATIVOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Ola, nenas e nenos! Para comezar esta nova semana con moito ánimo, tráiovos un crucigrama para resolver dende o ordenador/móvil/tableta... 

Fixádevos moi ben ao escribir as palabras. Poñede as letras en maiúsculas e só unha en cada recadro. Para ver a ficha a tamaño completo, pinchade nas frechas que aparecen abaixo á esquerda. Adiante!

Nota: debaixo da ficha déixovos de novo os pasos a seguir para enviar as fichas interactivas. 

Pasos para enviar as fichas interactivas:
1º. Completo a ficha
2º. Reviso que estea todo respostado.
3º. Fago click en terminado.
4º. Abrirase unha pestana con estas dúas imaxes: 
4º. Selecciono sobre ("enviar mis respuestas a mi profesor/a") e aparecerá esta imaxe:
5º. Último paso. Agora cubro os datos
Nome e apelidos, curso 
Asignatura: AL 
Email profe: audicionylenguajeeducacion@gmail.com

miércoles, 13 de mayo de 2020

ESTIMULACIÓN COGNITIVA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bos días nenas e nenos, hoxe tráiovos un novo recurso: as fichas interactivas (fanse directamente no ordenador/tablet/móvil). Xa veredes que son unha forma de traballar moi sinxela e divertida!

Antes de nada déixovos uns pasos para facelas:
1º. Completo a ficha
2º. Reviso que estea todo respostado.
3º. Fago click en terminado (na parte de abaixo da ficha).
4º. Abrirase unha pestana con estas dúas imaxes: 
4º. Selecciono o sobre ("enviar mis respuestas a mi profesor/a") e aparecerá esta imaxe:
5º. Último paso. Agora cubro os datos
Nome e apelidos, curso 
Asignatura: AL 
Email profe: audicionylenguajeeducacion@gmail.com


E AQUÍ VOS DEIXO A FICHA INTERACTIVA DE PROBA! ÁNIMO!!

martes, 12 de mayo de 2020

MATERIAL PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Nesta web atoparás todo tipo de recursos educativos:


Entre eles fichas de  actividades de estimulación cognitiva para facer cos nenos/as, coas que podemos traballar capacidades como a memoria, a atención ou a percepción.


Se falamos de capacidades cognitivas, temos que ter en conta que estas abarcan un extenso abanico de funcións.


As funcións executivas son das más importantes:

  • Atención
  • Planificación
  • Anticipación
  • Velocidade de procesamento
  • Orientación espacial…

No seguinte caderniño podes atopar actividades de estimulación cognitiva para traballar con nenos/as:

lunes, 11 de mayo de 2020

LECTOESCRITURA

💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bos días nenas e nenos, hoxe envíovos as palabras da semana. 

Recordade, debemos analizalas segundo o que nos pide na ficha (só unha palabra en galego e unha en castelán por día).


📌Aquí tedes a lista das palabras en galego (hoxe tocan os animais):
Can
Foca
Ovella
Cegoña
Bolboreta


📌Agora, tedes aquí a lista das palabras en castelán:

Lobo
Abeja
Ballena
Cocodrilo
Rinoceronte


💡Igual que as demais semanas, fágovos algunhas propostas máis:

✏ Podedes tentar traducir as palabras en galego ao castelán, e as palabras en castelán ao galego.


✏ Podedes facer unha lista cos animais que coñezades, divindo en diferentes criterios, por exemplo: onde viven (terra, agua...), como se desprazan (nadan, reptan, voan, camiñan, saltan...), se son domésticos ou salvaxes...

✏ Podedes crear o voso propio animal, facer o seu debuxo, dicir o seu nome, explicar como é, onde vive, de que se alimenta...

viernes, 8 de mayo de 2020

ESTIMULACIÓN COGNITIVA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe imos traballar a relación causa-efecto en situacións que poden resultarnos moi comúns ou coñecidas. 

Imos recordar o significado destes 2 termos:

Póñovos como exemplo a primeira viñeta do documento que vos engado abaixo:
Efecto (¿Qué pasó?): "Hemos llamado a los bomberos".
Causa (¿Por qué?): "Salía mucho humo de la casa de mi vecino".

Oración completa: 
"Hemos llamado a los bomberos porque salía mucho humo de la casa de mi vecino".

Agora tócavos a vós practicar!😉
Fonte: https://www.orientacionandujar.es/2020/03/23/trabajamos-la-relacion-causa-efecto-a-partir-de-dibujos/

martes, 5 de mayo de 2020

EXPRESIÓN ORAL E PENSAMENTO CREATIVO
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe propóñovos este material para traballar a estimulación da linguaxe, a través da comprensión de preguntas e a elaboración de respostas axeitadas. 

Adxúntovos un pdf con 4 fichas nas que hai varios debuxos. E para cada un deses debuxos hai 2 preguntas. Tedes que contestar a esas preguntas de forma oral e, para os/as que queirades, a maiores, podedes escribir as respostas no espazo que hai debaixo de cada pregunta. 

lunes, 4 de mayo de 2020

LECTOESCRITURA

💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bos días nenas e nenos, hoxe luns, envíovos as palabras da semana. 

Recordade, debemos analizalas segundo o que nos pide na ficha (só unha palabra en galego e unha en castelán por día).


📌Aquí tedes a lista das palabras en galego (hoxe tocan os alimentos):
Pan
Laranxa
Leituga
Garavanzos
Cebola


📌Agora, tedes aquí a lista das palabras en castelán:

Arroz
Queso
Leche
Espinacas
Albaricoque


💡Igual que as demais semanas, fágovos algunhas propostas máis:

✏ Podedes tentar traducir as palabras en galego ao castelán, e as palabras en castelán ao galego.


✏ Podedes facer unha lista con todos aqueles alimentos que coñezades, dividindo en froitas, verduras, lácteos...

✏ Podedes elaborar un menú semanal saudable e equilibrado para compartir cos vosos compañeiros e compañeiras.