miércoles, 29 de abril de 2020

MATERIAL PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Aquí vos deixamos un recopilatorio de lecturas comprensivas sinxelas. Imos coñecer algunhas características básicas de diferentes animais e seguro que tamén descubrides moitas curiosidades sobre eles!

Lede con atención e respondede ás preguntas. 


martes, 28 de abril de 2020

EXPRESIÓN ORAL E PENSAMENTO CREATIVO
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Esta entrada de hoxe vai de refráns ou ditos en galego, que se usaban moito no tempo dos nosos avós e bisavós e transmitíanse de forma oral entre as xeracións, de pais/nais a fillos/as. Nesta última semana chuviosa de abril, que mellor refrán ca este:


☔ Nunca choveu que non escampara ☔

Cales coñecedes vós? Que significan? Preguntádelle aos vosos familiares! Seguro que saben moitos!!


📌A esta actividade, engádovos unha de vocabulario. Coñecíades os nomes dos diferentes tipos de chuvia que vos poño a continuación?💧💧Se facedes memoria... no noso cole hai un mural sobre isto!! Recordades onde está posto?? 💭😃


lunes, 27 de abril de 2020

LECTOESCRITURA

💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bos días nenas e nenos, como cada luns, envíovos as palabras da semana. 

Recordade, debemos analizalas segundo o que nos pide na ficha (só unha palabra en galego e unha en castelán por día).

📌Aquí tedes a lista das palabras en galego (hoxe toca a familia):

Avó
Avoa
Fillo
Sobriña




📌Agora, tedes aquí a lista das palabras en castelán:

Madre
Hermana
Primo
Tío



💡Igual que as demais semanas, fágovos dúas propostas máis:

✏ Podedes tentar traducir as palabras en galego ao castelán, e as palabras en castelán ao galego.

✏ Podedes facer unha árbore xenealóxica coa axuda das vosas familias. É dicir, unha árbore na que aparezan os vosos familiares segundo o seu parentesco (podedes facelo tan amplo como queirades, incluíndo avós, bisavós, tataravós...). Non esquezades poñerlle o seu nome! Aquí vos deixo uns exemplos:


viernes, 24 de abril de 2020

FEITO A MAN
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


A proposta de hoxe está relacionada coas letras e o debuxo. Só precisades papel e rotuladores ou pinturas! 

A partir das letras, imos facer diferentes debuxos. Aquí vos deixo un vídeo de onde podedes sacar ideas. E logo, podedes inventar as vosas propias creacións!

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Hoxe nenas e nenos, 23 de abril, é o Día do Libro. Por iso, vouvos propor dúas actividades para que fagades na casa cos libros que tedes á vosa disposición.


1. Exposición de libros:

Enriba dunha mesa, cadeira, sofá... (ou incluso no chan) imos expoñer aqueles libros que nos gustaría recomendar aos demais membros da familia. Cada un pode facer a súa propia exposición. 

Fai recomendacións sobre os teus libros, incluso podes facer un resumo do seu contido. Tamén vai visitar a exposición dos demais e pregunta información sobre aqueles libros que che parezan interesantes!

2. Merenda literaria:

Hoxe podemos facer unha merenda especial. Á hora habitual da merenda imos falar dos nosos contos favoritos. Se alguén se anima cando remate de comer, pode contar un conto aos demais! E se queres saber se estiveron atentos, failles preguntas!



E recordade sempre:


Para crecer, crecer, crecer... 
moitos libros tes que ler!

📗📘📙📕😍

miércoles, 22 de abril de 2020

ARTICULACIÓN E AUDICIÓN
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Hoxe achégovos material para traballar a articulación dalgúns fonemas.

A idea da autora deste xogo (Eugenia Romero) é empregalo cun spinner, poñéndoo onde está o seu debuxo e facéndoo xirar. E mentres xira, dicir o número máximo de palabras das imaxes que poidamos.

Como igual non temos spinner, nin podemos imprimir a páxina, podemos facelo doutra maneira. Imos marcar un tempo de 1 minuto no reloxo da cociña⏰, no cronómetro do móvil📱... ou incluso se tedes un reloxo de area dalgún xogo de mesa! ⏳

Se queredes facelo máis complexo, podedes ir poñendo retos con outros tempos: 45 segundos, 30 segundos... Veña, imos alá!

👉 Fonema R:



👉 Fonema S:


👉 Fonema Z:


👉 E este último, é un regaliño a maiores!
     Intrusos:

martes, 21 de abril de 2020

LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe propóñovos unha actividade diferente! Hai varios niveis de dificultade. Cada un fará segundo as súas posibilidades e coñecementos, xa que, como sabedes, nestes momentos estamos a repasar contidos.

Precisaremos revistas, periódicos, folletos, panfletos... para buscar letras e palabras. E, se non tedes nestes momentos, non vos preocupedes, tamén o podedes facer con lápis, rotuladores ou pinturas!!

Como podedes ver nos documentos, a primeira páxina é un exemplo, e despois tedes as follas en branco para que o fagades vós (en galego e en castelán).

📌 Globos de vogais e consoantes:
Buscaremos e recortaremos letras. Nun globo pegaremos as vogais e no outro as consoantes.


Fonte: elaboración propia

📌 Saquiños de letras:
Este exercicio podémolo facer con todas as letras do abecedario (unha folla por letra) e crear así o noso propio libriño do abecedario. 

Para cada letra, pegaremos no primeiro saco distintos tipos da letra que teñamos escollido, e no outro poremos palabras que comecen por esa letra. 

Fixádevos no exemplo da A.


Fonte: elaboración propia.


📌 Nomes:
Nestes bocadillos imos crear  nomes. Para iso, recortamos as letras que formen o nome. Comezamos polo noso, e logo podemos facer dos familiares, das mascotas...



Fonte: elaboración propia


📌Tren de sílabas:
Este é un tren especial. En cada vagón leva diferentes palabras segundo as súas sílabas.

Vagón 1: monolísabas (teñen só unha sílaba).
Vagón 2: bisílabas (teñen dúas sílabas).
Vagón 3: trisílabas (teñen 3 sílabas).
Vagón 4: cuatrisílabas (teñen 4 sílabas). * Tamén se chaman polisílabas a aquelas que teñen 4 ou máis sílabas.

Buscade palabras destes 4 grupos e clasificádeas no vagón correspondente.


Fonte: elaboración propia.

📌Libros de acentuación:
Estes son libros especializados en sílabas tónicas e acentos. Temos 3:

Libro de agudas
     Sílaba tónica a última.
     Levan acento se rematan en -n, -s ou vogal.
Libro de graves ("llanas"):
     Sílaba tónica a penúltima.
     Levan acento se non rematan en-n, -s ou vogal.
Libro de esdrúxulas
     Sílaba tónica a antepenúltima.
     Levan acento sempre.

Ao igual que no exercicio anterior, buscade palabras destes grupos e clasificádeas no libro correspondente.


Fonte: elaboración propia.

lunes, 20 de abril de 2020

XOGOS EDUCATIVOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Hoxe vouvos propor un xogo divertido. Para iso, adxúntovos tres documentos nos que hai moitas tarxetas con diferentes instrucións, que podedes ir facendo ao longo da semana! Pasádeo moi ben!

Recoméndovos ter á man unha folla ou libreta e un lápis, xa que para algunhas precisarédelos. 

🌟Maratón 1

Fonte: https://orientamediagabinete.blogspot.com/

🌟Maratón 2

Fonte: https://orientamediagabinete.blogspot.com/

🌟Maratón 3

Fonte: https://orientamediagabinete.blogspot.com/
LECTOESCRITURA

💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bos días nenas e nenos, como vos dixen a semana pasada, cada semana iremos analizando unha serie de palabras. Aquí vos deixo as desta semana.

Recordade, debemos analizalas segundo o que nos pide na ficha (só unha palabra en galego e unha en castelán por día).

📌Aquí tedes a lista das palabras en galego (hoxe toca a vestimenta):

Cazadora
Vestido
Pixama
Gravata
Xersei


📌Agora, tedes aquí a lista das palabras en castelán:

Pantalón
Camiseta
Camisa
Falda
Chal



💡Igual que a semana pasada, fágovos dúas propostas máis:

✏ Podedes tentar traducir as palabras en galego ao castelán, e as palabras en castelán ao galego.

✏ Podedes revisar no voso roupeiro (sen desordenar) e facer unha lista con todas as prendas de vestir que teñades. E se queredes ampliar máis, podedes facer outra lista cos complementos (diadema, gorros, luvas...).

viernes, 17 de abril de 2020

MATERIAL PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Nesta entrada poderás atopar un caderno completo para traballar todas as letras do abecedario, grafomotricidade, vocabulario e discriminación visual e auditiva. 


Fonte: https://www.imageneseducativas.com/completo-cuaderno-para-trabajar-abecedario-grafomotricidad-vocabulario-y-discriminacion-visual-y-auditiva/

jueves, 16 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Hoxe, 16 de abril, é o día Mundial da Voz. Como seguramente saibades, a voz é moi importante para os seres humanos, xa que nos permite comunicarnos cos demais, transmitirlle os nosos sentimentos, as nosas ideas e experiencias, cantar... entre outras moitas cousas!

Sabedes como se produce a voz? Mirade este vídeo e descubrirédelo!




A nosa voz é única! Por iso, debemos coidala moito! Para que estea sa, debemos seguir estes consellos:

Non gritar.

Beber suficiente auga.

Falar despacio, con pausas.

Evitar ambientes de pó, fume ou contaminación.

Diminuír os ruídos do ambiente (televisión, música).


Aquí déixovos este medidor de voz. Temos que tentar non chegar ao nivel 5, xa que alcanzaríamos a "temperatura máxima" e, polo tanto, non sería saudable!

ARTICULACIÓN E AUDICIÓN
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Hoxe déixovos aquí unhas actividades para repasar a articulación deses fonemas máis revoltosos. Como vedes, en cada documento tedes un contiño e varios exercicios. 

Primeiro, lede en voz alta o conto, fixándovos na letra progatonista. Logo, podedes intentar contarllo de memoria 💭a algún familiar (sempre poñendo atención  nesa letriña 👀).

Despois, facede os exercicios e, da mesma maneira, lede en voz alta e practicade! 

📌 Letra R forte:
Fonte: https://webdelmaestro.com/lectoescritura-actividades-para-imprimir/ 


📌 Letra R suave:

Fonte: https://webdelmaestro.com/lectoescritura-actividades-para-imprimir/


📌Trabadas:
Fonte: https://webdelmaestro.com/lectoescritura-actividades-para-imprimir/

📌 Letra S:
 Fonte: https://webdelmaestro.com/lectoescritura-actividades-para-imprimir/ 

📌 Letra Z:

miércoles, 15 de abril de 2020

DISLEXIA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Aquí vos engado un pequeno caderno con actividades sobre letras que se parecen moito na escritura (por exemplo: p-q, b-d, q-d, u-n...) e que, ás veces, nos crean un pouquiño de confusión.

Fixádevos moito e a practicar!


Fonte: https://www.edufichas.com/cuadernos-imprimir/pdf-escritura/
EXPRESIÓN ORAL E PENSAMENTO CREATIVO
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Nesta entrada preséntovos un material para traballar a imaxinación. 💭

Na seguinte presentación de diapositivas propóñense diferentes situacións nas que as persoas están pensando algo para o seu futuro. 

Vós tedes que tentar adiviñar que estarán pensando, tendo en conta o que están a facer e o lugar onde están.

Unha vez que xa o imaxinarades, pasaredes á seguinte diapositiva e comprobaredes se acertastes co que estaba pensando a persoa!

Comezamos: Que estará pensado este cativo mentres escribe esta carta? Fíxate, razoa, pensa, imaxina...

martes, 14 de abril de 2020

LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Hoxe imos facer unha tarefa manipulativa: trazos en pizarra máxica sensorial. Precisaredes estes dous materiais:

☝ Unha caixa ou unha bandexa.
✌ Area, sal, pan raiado ou fariña. 

Collemos a caixa ou bandexa e botamos nela o ingrediente que escollemos. No seguinte vídeo móstrase como facer 👇:


Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=0jmXNmg1YiQ

Unha vez que o teñamos listo, comezaremos facendo os trazos que se mostran no seguinte documento (que tamén podemos imprimir e realizar como outra tarefa ✏📄):


Logo, trazaremos as letras do abecedario. Aquí vos deixo dous documentos: un coas vogais e outro coas consoantes. 





E, por último, imos trazar as letras do noso nome. Se vos animades podedes facer tamén o nome dos vosos familiares, mascotas... 👩👨👧👦🐶🐟🐰🐹

💡Logo, poderedes facer todas as creacións que se vos ocorran: palabras, formas, debuxos... 🌸⚡💙💧🏀 

ÁNIMO NENAS E NENOS!
LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bos días nenas e nenos, aquí vos deixo unha nova tarefa. Hai dúas versións, unha en galego e outra en castelán. 

Cada semana dareivos unha lista de palabras que teremos que analizar segundo o que nos pide na ficha (só unha palabra en galego e unha en castelán por día).

📌Aquí tedes a lista das palabras en galego (hoxe tocan as partes do corpo):

Boca
Orella
Pestana
Beizos
Embigo


Fonte: elaboración propia en base a @maestradeal

📌Agora, tedes aquí a lista das palabras en castelán:

Mano
Ojo
Ceja
Rodilla
Garganta


Fonte: elaboración propia en base a @maestradeal

💡Fágovos dúas propostas máis:

✏ Podedes tentar traducir as palabras en galego ao castelán, e as palabras en castelán ao galego.

✏ Podedes sinalar no voso corpo onde están esas partes. E se queredes ampliar máis, podedes facer un debuxo dunha persoa e sinalar todas as partes do corpo que coñezades! 
MATERIAL PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Neste enlace poderedes atopar moitos recursos para traballar neste 3º trimestre: Árbolabc

Como vedes na imaxe, tedes diferentes seccións: contos, adiviñas, trabalinguas, xogos, debuxos, abecedario, matemáticas...

Entrade e a practicar!
Fonte: https://arbolabc.com/

lunes, 13 de abril de 2020

CONTOS E MÁIS CONTOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Nenas e nenos, hoxe é o Día do bico 👄. Aquí vos deixo un contiño sobre bicos e máis bicos, bicos de todas as cores🌈: 
"¿Mamá, de qué color son los besos?" (autora: Elisenda Queralt).

Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=d9V_PYWfoH4&feature=youtu.be&fbclid=IwAR2JA8qs_XzcbM06rxOHbNMuffNFb8oHF0tOL-h6twdjPAr6vJLz4AzkhdM


Eu, mándovos bicos virtuais a moreas, moitooos! E unha aperta moooii grande! 
MATERIAL PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Abrimos unha nova pestana con material para o alumnado de Pedagoxía Terapéutica. Nestes documentos podedes atopar material de repaso de 1º a 6º de Educación Primaria (Editorial La Calesa).

📌Material para 1º EP:
 

📌Material para 2º EP:

📌Material para 3º EP:

📌Material para 4º EP:

📌Material para 5º EP:

📌Material para 6º EP:

🔍Tamén podedes atopar todos estes arquivos, de descarga gratuíta dende a páxina web da Editorial La Calesa, no seguinte enlace: https://www.lacalesa.es/



jueves, 9 de abril de 2020

CONTACTO

Se precisades contactar con algún membro do Departamento de Orientación, podedes enviar unha mensaxe aos seguintes correos:

📌Xefatura do Departamento de Orientación
    Beatriz Iglesias: beatriziglesias@edu.xunta.es

📌Pedagoxía Terapéutica
    Gervasio García: ggarcia@edu.xunta.es

📌Audición e Linguaxe
    Andrea Carballido: acbalado@edu.xunta.es

jueves, 2 de abril de 2020

FEITO A MAN
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Nun día coma hoxe, 2 de abril, non nos esquecemos de vós. Por un mundo diverso! 💙💙💙

Déixovos aquí unha pequena actividade que podedes facer! 

E aquí déixovos a nosa aportación! 😀💙
Fonte: elaboración propia
ARTICULACIÓN E AUDICIÓN
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Nesta nova entrada déixovos un xogo moi divertido para disfrutar coas vosas familias. 🏠

Primeiro botádelle un ollo a todas a imaxes e tentade pronuncialas correctamente, tendo en conta a posición dos beizos, da lingua... Logo, pasade á acción!! A xogarrrr!!

👉Xogo da oca da S (versión castelán):
 Fonte: http://desvandpalabras.blogspot.com/

👉Xogo da oca da R e RR (versión castelán):
Fonte: https://miradaespecial.com/2018/03/16/juegos-de-los-fonemas-r-y-rr/
EXPRESIÓN ORAL E PENSAMENTO CREATIVO
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe imos traballar un pouquiño a expresión oral.

Primeiro propóñovos que observedes detidamente as imaxes da lámina e vaiades dicindo que é o que vedes.

Despois, podedes xogar con alguén a que adiviñe un deles, dándolle pistas (cor, forma, tamaño, material, uso...), ou respondéndolle a preguntas de "si ou non" (por exemplo, é unha persoa? É comestible?...).

Para os máis cativos, podémoslle pedir que nos sinales un determinado, dándolle, por exemplo, o nome concreto (sinala a laranxa), unha característica (sinala un de cor verde)...

Fonte: https://www.educapeques.com/estimulapeques/desarrollo-lenguaje-oral.html

Outras ideas para traballar con estas láminas son as seguintes:

💡Escoller varias imaxes e facer oracións con elas. 
💡Dicir onde podemos atopar todos os obxectos de cada lámina. 
💡Crear novas láminas temáticas, por exemplo, láminas sobre as partes do corpo, os medios de transporte, accións diarias... 
💡Lectoescritura: escribir o nome das imaxes que vemos. 

miércoles, 1 de abril de 2020

XOGOS EDUCATIVOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe tráivos un novo xogo para aprender vocabulario: "Mi mundo en palabras". O seu protagonista é Carlos! E acompañaravos por diferentes escenarios: a escola, o parque, a familia, os xogos, a casa, os animais...

Entrade e mergulládevos nesta aventura!
Fonte: https://cvc.cervantes.es/ensenanza/mimundo/mimundo/default.html
LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe fágovos unha nova entrega de xeroglíficos. Fixádevos ben nas dúas imaxes, se unides os seus nomes... atoparedes a resposta!