martes, 31 de marzo de 2020

XOGOS EDUCATIVOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe tráiovos este divertidísimo xogo dos números 1 ao 5 (aínda que logo podedes vós inventar tooodos os debuxos que queirades, incluso o abecedario!). Só precisades un prato con auga, servilletas de papel e rotuladores.

Anímovos a que o fagades en familia! É moi divertido!

Estes son os pasos:
1.Colledes unha servilleta de papel e dobrádela ao medio.
2. Abrídela e na parte dereita, facedes o debuxo.
3. Pechades e repasades os números na parte que queda agora para arriba.
4. Poñédelo sobre a auga, esperades un poquiño... e xa! 💚

Fixádevos no vídeo!👀
Fonte: https://www.instagram.com/p/B-UL7KfjkmZ/?utm_source=ig_web_copy_link

CONTOS E MÁIS CONTOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Nenos e nenas, hoxe tráiovos un novo conto titulado "Corre corre, cabaciña" (Autora: Eva Mejuto). Estade mooooi atentos e atentas, porque logo imos facer unhas actividades! Espero que vos guste. 😍


Aquí déixovos o conto en versión canción:
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=EfUEd0xTlhA&t=43s

Agora que xa escoitastes o conto, propóñovos estas actividades sobre o libro:

👉Premede aquí para acceder a "actividades LIM" e atoparedes actividades  elaboradas por Naiara Castillo do Ceip de Viñas-Poio.

👉Agora premede aquí para acceder a "actividades Xunta" onde hai máis actividades sobre este conto. 📙

lunes, 30 de marzo de 2020

ARTICULACIÓN E AUDICIÓN
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Nesta entrada tráiovos unha serie de trabalinguas para que practiquedes! Seguro vos divertides moito tentando dicilos! Moita concentración e que a lingua non se trabe! 👅

Collín cordóns
Collín cordóns,
cordóns collín.
Pola rúa corro,
cordóns collo.
Pola rúa corrín, 
cordóns collín.

Se as miñas guedellas
Se as miñas guedellas
se me enguedellaron, 
enguedelladas
non deben estar.
Desenguedelládemas,
desenguedelládemas,
se as podedes
desenguedellar.

Do queixo non che me queixo
Do queixo non che me queixo,
que o queixo ben che me sabe;
quéixome de quen o vende, 
que non mo deixa de balde.


Teño tres táboas
Teño tres táboas
moi mal entarabintintingoletadas.
Hei de mandar vir
un entarabintintingoletador
que mas veña
entarabintintingoletar.

Fonte: https://orellapendella.gal/

Se quedastes con ganas de máis, neste enlace podedes atopar outros diferentes:




LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Imos comezar o luns con moita positividade! 👌

Esta nova tarefa de hoxe é moi divertida! Ten dúas partes: 

1. A primeira consiste en facer o voso propio arco da vella, cunha mensaxe de ánimo, a que queirades. Velaquí tedes o que fixen eu!!


2. A segunda tarefa consiste en escribir un poema sobre estes días que estamos a pasar na casa. Aquí móstrovos un exemplo: 😉

EU QUEDO NA CASA 🏠
TODO VAI SAÍR BEN, 
XA SABEMOS QUE CANSA
PERO BUSQUEMOS QUE FACER!

DEBUXO, BAILO, SALTO,
IMAXINO QUE SON UN GATO.🐱
LEO, PINTO, XOGO,
FAGO UN POUQUIÑO DE TODO!

QUEDEMOS NA CASA,
ISTO LOGO PASA.
POR TI, POR MIN, POR TODOS,💓
FAGAMOS UN ESFORZO
E QUEDARÁ SÓ NOS RECORDOS!

sábado, 28 de marzo de 2020

LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe tráivos unha nova misión. Neste documento que vos engado a continuación, tedes que identificar a palabra inventada en cada oración. 

Debedes fixarvos moito e ler despaciño, un par de veces, ata que atopedes o intruso 😏. Cando o teñades descuberto, volvede escribir a oración de novo correctamente. 📝


Fonte: https://www.aulapt.org/2020/03/02/actividad-dislexia-identifica-la-palabra-inventada-en-cada-frase/

viernes, 27 de marzo de 2020

EXPRESIÓN ORAL E PENSAMENTO CREATIVO
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Nesta entrada vouvos propoñer un material, da Junta de Extremadura, para traballar a estimulación da linguaxe oral.

Trátase dun xogo interactivo que está dividido en 12 sesións con diferentes actividades en cada unha. A súa protagonista é a cegoña Berta.

Aquí déixovos unhas fotos dalgúns exercicios que atoparás (hai moooitos máis).





Ademais das actividades interactivas, tedes actividades manipulativas, que podedes imprimir (se tedes posibilidade). Atoparédelas no apartado "guía didáctica".

É un xogo moi divertido e co que aprenderás moito! Preme no título ou na imaxe para entrar. 
 👇

Atención e imitación  
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Para esta sección, hoxe vouvos dar a coñecer un xogo  moi sinxelo e divertido.

Só precisaredes "bastonciños" de algodón e rotuladores. 

O xogo consiste en coller unha plantilla de "bastontiños" de cores (das que vos engado a continuación ou unha que inventedes vós) e poñer cada "bastonciño" onde corresponda segundo a cor. Neste vídeo de "El sonido de la hierba al crecer" podedes ver ben como se fai:


E aquí déixovos as plantillas creadas por eles. Recordade que se non tedes opción de imprimir, sempre podedes debuxalas e colorealas vós mesmos! 


jueves, 26 de marzo de 2020

LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Nenos e nenas, hoxe propóñovos unha tarefa de detectives 🔍🐾.

Como a primeira parte da actividade está en galego, imos aproveitar para repasar o abecedario en galego... Non é igual que en castelán, a ver se vos dades conta das diferenzas!!



Agora que xa repasastes, lede o seguinte documento e poñédevos a averiguar! 😃

Fonte: documento de elaboración propia

Como sei que isto vos soubo a pouco, déixovos, a continuación, unhas mensaxes ocultas que tamén tedes que tentar descubrir (en castelán) feitas por "Orientación Andújar". Estades preparados e preparadas? Ide escribindo a mensaxe nunha folla a medida que vaiades adiviñando.

👉Pista: tedes que escribir as iniciais de cada debuxo.
Fonte: https://www.orientacionandujar.es/2019/11/07/descubre-el-mensaje-secreto-escribe-la-primera-letra-de-cada-dibujo/

💡Agora, se vos animades, podedes probar a crear a vosa propia mensaxe secreta e que os vosos familiares a adiviñen!

miércoles, 25 de marzo de 2020

 Seguimento de instrucións 
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Tal e como vos propuxen a semana pasada, para traballar o seguimento de instrucións, podemos facer unha receita. 

Eu esta fin de semana estiven a practicar... e fixen uns pasteis mooooi saborosos. Aquí vos deixo a receita por se queredes practicar! 🍰🍫🍓🍍🍰 Bo proveito! 😋


Fonte: documento de elaboración propia
LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe quérovos dar a coñecer unha famosa poetisa española: Gloria Fuertes. Ela escribiu mooooitas poesías!

Entre todos os libros que publicou, hai un moi divertido que reúne poemas nos que vai dando indicacións para facer debuxos.

Aquí móstrovos unhas adaptacións deses poemas para que os tentes debuxar. Pimeiro lede con moita atención e despois tentade facer a ilustración! 😍


CONTOS E MÁIS CONTOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Nesta entrada de hoxe comparto convosco o libro "O monstro de Cores" (Autora: Anna LLenas). Escoitade con atención, a ver se identificades as emocións!



Despois de escoitalo, podemos facer algunhas actividades. Por exemplo:
Botes das emocións:
Precisamos 6 botellas de auga. Podemos enchelas de auga tinguida con témpera, de boliñas de papel, de sal pintado con xices de cores… Iremos asociando cores con emocións.
Tamén podemos facelo con 6 tubos de papel hixiénico ou de papel de cociña. Mirade este exemplo:
Fonte: https://i.pinimg.com/originals/8a/1a/a6/8a1aa67eef62597ce40a941f22f1a5d9.jpg

Un traxe para o monstro:

Agora imos facerlle un traxe ao monstro. Nun cartón debuxade ao monstro e facede buratos ao redor. 

Logo ensartaremos a la nunha agulla de plástico grande ou nunha pinza do pelo, e imos pasándoa polos diferentes buratos ata que lle rematemos de confeccionar o traxe. 

Podedes facer tantos monstros de cores como queirades!

Fonte: https://yalavueltalaluna.com/2018/03/21/actividades-con-el-monstruo-de-colores/

💡Se non tedes la, podedes facer esta segunda opción, con pinturas, témperas... Mirade!
Fonte: https://yalavueltalaluna.com/2018/03/21/actividades-con-el-monstruo-de-colores/

martes, 24 de marzo de 2020

FEITO A MAN
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe tráiovos unhas novas diferentes... Estes días, como non podemos ir visitar ás nosas familias e amigos... Contactamos por teléfono con eles! Vós tamén verdade?

Miña irmá, que tamén é profe, comparte comigo moitas cousas das que fai nestes días. Queredes ver que me enviou esta semana?? Aquí o tedes! 

Tanto se lle dá ben debuxar...

...como cociñar!


E vós? Estades a compartir o que facedes estes días? Anímovos a que fagades diferentes propostas co lema "eu quedo na casa" e lle enviedes fotos aos vosos familiares e amigos, seguro que lles encantan!💒



lunes, 23 de marzo de 2020

XOGOS EDUCATIVOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe propóñovos un novo xogo en familia: as sombras chinesas, unha arte traída da China. Tamén se coñece como "teatro de sombras".

Aquí déixovos os pasos para que fagades as vosas propias sombras chinesas:

1. Atopar un anaco de parede plana e lisa, sen decoración.
2. Enfocar unha luz potente (dunha lámpada, lanterna...) á parede.
3. Poñer as mans diante da luz para que se proxecte a sombra na parede.

Neste vídeo podedes aprender a facer sombras de animais:


📌Para os máis aventureiros e aventureiras propóñovos representar un conto a través dun teatro de sombras. Fixádevos neste exemplo:


Para facelo precisades este material:
✔ Unha caixa (por exemplo de zapatos).
 Papel de seda branco (podedes probar con papel vexetal, aínda que é máis groso).
 Cartolina negra (para facer os debuxos).
 Pauciños de madeira.
 Tesoiras, pegamento... 

E aquí tedes os pasos (podedes ver un exemplo xa feito na imaxe de máis abaixo):

1º paso: 
Colle a caixa e corta unha ventá no fondo.

2º paso:
Recorta un rectángulo de papel de seda branco un pouco máis grande que a ventá que fixemos na caixa. Cando esté recortado, pegámolo na caixa.

Fonte:https://www.pequeocio.com/manualidades-ninos-teatro-sombras/
3º paso:
Para facer os títeres, debuxamos as siluetas dos personaxes na cartolina negra e recortámolos. 

4º paso:
Agora pegamos as siluetas aos pauciños de madeira, que nos servirán para suxeitalos (podes pegalos con cinta adsehiva).
 




Xa tedes todo listo para comezar a representar a vosa historia! Lembrade que tedes que aplicar os mesmos consellos de luz que vos dei para as sombras. Seguro que vos divertiredes moito! 
LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Con este novo exercicio imos reforzar un pouquiño a comprensión lectora a partir de debuxos. Seguro que sodes capaces de resolvelo sen problema!✅ Lede atentamente e fixádevos nas imaxes!


Fonte: https://www.aulapt.org/2020/02/10/verdadero-o-falso-responde-en-funcion-del-dibujo/
LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe vouvos propor unha divertida actividade para formar palabras. Tedes que unir dúas sílabas: a que está no centro da flor e a que aparece en cada un dos pétalos. Fíxate no exemplo! 🌸🌸🌸

💡 Idea: para facer máis completa a actividade podes tentar definir (dicir o que significa) cada unha das palabras que formaches.

💡💡Unha vez remataches estas dúas partes, anímote a que fagas a túa propia flor das palabras! 😄

Fonte:https://www.orientacionandujar.es/
LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Primeiro imos repasar o abecedario. Que letras coñeces?

Fonte: freepik.es

Agora tenta facer algunha destas propostas: 

 Escribe o abecedario completo (ou as letras que coñezas) en minúsculas.

Crea o teu propio abecedario ilustrado, buscando unha palabra que comece por cada letra do abecedario, en galego ou en castelán. Fíxate no seguinte exemplo (en castelán):
Fonte: http://www.practicaespanol.com/es/alfabeto-espanol-27-letras–5-digrafos/art/6359/


Cando teñas rematado o anterior, imos adiviñar o nome dos seguintes obxectos. Moi sinxelo, verdade? 

Fonte: https://www.maestrosdeaudicionylenguaje.com

1º Tenta escribir os seus nomes nunha folla. 
2º Cando remates, escolle 3 e inventa unha historia con eles. 
    (Non esquezas incluír estas 3 partes: introdución, nó e desenlace). 
4º Ponlle un título.
5º Fai un debuxo da túa historia.

💭Recorda
* Maiúsculas (comezo de oración e despois de punto, nomes propios...).
* Signos de puntuación (puntos, comas, signos de ¿? e ¡!...).
* Repasa ao rematar (separación de palabras, uso de mp/mb, b/v, c/z...).




domingo, 22 de marzo de 2020

XOGOS EDUCATIVOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Un novo xogo para hoxe: "adiviña onde estou". Fíxate ben nas imaxes que van saíndo na pantalla, son pistas para saber en que lugar se atopa!


XOGOS EDUCATIVOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe propóñovos un xogo en familia:

🎈 O teléfono estragado: xogaches algunha vez a este xogo? Seguro que alguén da túa familia o coñece. Poñédevos nun círculo, e un de vós debe escoller unha frase, oración, refrán, trabalinguas... O que máis lle guste!! Unha vez escollida a mensaxe, ten que dicirlla ao oído, en voz baixa, á persoa que ten á dereita (só unha vez) e así ata que a mensaxe chegue á última persoa, que dirá o que lle chegou. Será a mesma mensaxe do principio?  ☎👂

💭 Recordade: respectar as quendas, vocalizar ben e usar un volume de voz axeitado! 
XOGOS EDUCATIVOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Nesta sección poderedes atopar diferentes xogos educativos. Recordade, os que sexan no ordenador, tableta ou móbil, só para un ratiño!




Atención, memoria, imitación e seguimento de instrucións 
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Para comezar o traballo desta semana, imos reforzar, en primeiro lugar, as capacidades básicas prelingüísticas. Para iso, propoñemos as seguintes actividades que poderedes facer en familia:

·         Actividades para a atención:

 ✓ Seguir a traxectoria de obxectos ou persoas.

✓Emparellar obxectos que teñades na casa segundo un ou varios criterios: tamaño, cor, forma, material, uso... (por exemplo, buscar obxectos redondos, buscar obxectos azuis...).

 ✓ Localizar semellanzas e diferenzas entre dous ou máis obxectos (por exemplo, entre un peine e un cepillo de dentes).

 ✓ Compoñer puzzles, descubrir erros en debuxos...


Ademais, podes realizar estas actividades:



·         Actividades para a memoria:

✓ Recordar onde se gardan obxectos de uso habitual na casa (Por exemplo, onde gardamos os paraugas...).

✓ Atopar obxectos escondidos ante a túa vista.

Repetir series ou secuencias de distinta complexidade (días da semana, meses do ano...).

 Aquí tes algunha actividade mais en liña para traballar a memoria:

 😊 Memoria auditiva

Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=ALbAK9f3J5I&feature=emb_logo

·        Actividades para a imitación:

  De expresións faciais e/ou sentimentos.

 Posturas (de pé, sentado, sobre unha perna, coas pernas cruzadas…) e desprazamentos (gatear, andar cara adiante e atrás, de lado, reptar...).

✓ Accións diarias sinxelas (lavar os dentes, lavar as mans, peinarse, poñer a roupa).

Con esta canción podedes practicar a imitar: 
"El juego del espejo"

·   Actividades para o seguimento de instrucións (orais ou escritas):

 Elaborar unha receita de cociña.

 Realizar un encargo (por exemplo, ir buscar unha toalla ao armario, gardar un libro no estante...).

 Organizar unha cea en familia, unha actividade para o día seguinte...


Ademais podes facer estas actividades:

Fonte: www.familiaycole.com