viernes, 19 de junio de 2020

FIN DE CURSO
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Ola, nenas e nenos!

E despois de todo o esforzo... o curso remata! Seguro que estades moi contentos/as!! E non me estraña, traballastes moito ao longo de todo o curso, tanto na clase como na casa. 

Sodes uns campeóns/as! Nunca pensamos que algo similar podería suceder e adaptámonos para poder continuar aprendendo. 


Agora é hora de disfrutar do verán! Da "liberdade", do sol, da familia, dos amigos, das aventuras que esconden os marabillosos libros...

Mandámosvos moitas apertas e bicos virtuais e desexámosvos un...


💛🌞 FELIZ VERÁN! 🌞💛

miércoles, 10 de junio de 2020

XOGOS EDUCATIVOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Ola, nenas e nenos! Déixovos por aquí unha lista de adiviñanzas. Lede con atención todos os datos e picade enriba da resposta correcta! A ver cantas sabedes!!

Para ampliar a ficha picade nas frechas grises de abaixo á esquerda. Tamén vos poño os pasos para enviala.

Adivinanzas, una ficha interactiva de SABODEGA
liveworksheets.com


Pasos para facer as fichas interactivas:
1º. Completo a ficha
2º. Reviso que estea todo respostado.
3º. Fago click en terminado (na parte de abaixo da ficha).
4º. Abrirase unha pestana con estas dúas imaxes: 
4º. Selecciono sobre ("enviar mis respuestas a mi profesor/a") e aparecerá esta imaxe:
5º. Último paso. Agora cubro os datos
Nome e apelidos, curso 
Asignatura: AL 
Email profe: audicionylenguajeeducacion@gmail.com

martes, 9 de junio de 2020

MATERIAL PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Ola nenas e nenos! Deixámosvos por aquí unha colección de fichas  de grafomotricidade para traballar os números do 1 ao 10. 

Fonte: https://www.orientacionandujar.es/2018/01/17/fichas-grafomotricidad-numeros-1-10-listas-imprimir/

lunes, 8 de junio de 2020

LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Bos días nenas e nenos! Para comezar a semana déixovos esta actividade coa que imos practicar a comprensión de preguntas sinxelas. 

Todas as preguntas van acompañadas de tres imaxes distintas. Debedes sinalar cal é a correcta segundo a pregunta formulada.

Para ampliar a ficha a tamaño completo picade nas frechas grises que hai abaixo á esquerda. Abaixo tedes os pasos para envialas.

Preguntas Que, una ficha interactiva de AdrianaTHL
liveworksheets.com


Pasos para facer as fichas interactivas:
1º. Completo a ficha
2º. Reviso que estea todo respostado.
3º. Fago click en terminado (na parte de abaixo da ficha).
4º. Abrirase unha pestana con estas dúas imaxes: 
4º. Selecciono sobre ("enviar mis respuestas a mi profesor/a") e aparecerá esta imaxe:
5º. Último paso. Agora cubro os datos
Nome e apelidos, curso 
Asignatura: AL 

Email profe: audicionylenguajeeducacion@gmail.com

viernes, 5 de junio de 2020

LECTOESCRITURA

💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bos días nenas e nenos, xa é venres! Déixovos por aquí unha ficha interactiva para rematar a semana. 

Tedes que ler atentamente e escribir a palabra que falta en cada oración para que teña sentido completo. Pensade un pouquiño e seguro que o resolvedes moi facilmente. 

👀 Moito ollo á ortografía: b/v, r/rr, c/z, g/j, y/ll...


Para ampliar a ficha a tamaño completo picade nas frechas grises que hai abaixo á esquerda. Tamén vos achego debaixo os pasos para enviar as fichas.

Escribe la palabra correcta Reto 1, una ficha interactiva de encarnipt
liveworksheets.com


Pasos para facer as fichas interactivas:
1º. Completo a ficha
2º. Reviso que estea todo respostado.
3º. Fago click en terminado (na parte de abaixo da ficha).
4º. Abrirase unha pestana con estas dúas imaxes: 
4º. Selecciono sobre ("enviar mis respuestas a mi profesor/a") e aparecerá esta imaxe:
5º. Último paso. Agora cubro os datos
Nome e apelidos, curso 
Asignatura: AL 
Email profe: audicionylenguajeeducacion@gmail.com

jueves, 4 de junio de 2020

LECTOESCRITURA

💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bos días nenas e nenos! Xa case estamos a rematar a semana. Hoxe déixovos por aquí unha nova ficha interactiva de comprensión lectora.

Tedes que fixarvos no debuxo e ler con atención as oracións, para escribir se son verdadeiras ou falsas.

Para ampliar a ficha a tamaño completo picade nas frechas grises que hai abaixo á esquerda.

Achégovos debaixo, coma sempre, os pasos para facer e enviar as fichas interactivas.

Comprensión Lectora, una ficha interactiva de marivilaguia
liveworksheets.com


Pasos para facer as fichas interactivas:
1º. Completo a ficha
2º. Reviso que estea todo respostado.
3º. Fago click en terminado (na parte de abaixo da ficha).
4º. Abrirase unha pestana con estas dúas imaxes: 
4º. Selecciono sobre ("enviar mis respuestas a mi profesor/a") e aparecerá esta imaxe:
5º. Último paso. Agora cubro os datos
Nome e apelidos, curso 
Asignatura: AL 

Email profe: audicionylenguajeeducacion@gmail.com

martes, 2 de junio de 2020

MATERIAL PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗


Hoxe achegámosvos un caderno de lecturas comprensivas breves, e actividades relacionadas.

Lede os textos con atención e tentade respostar ás actividades propostas.


Fonte: http://spanish4teachers.org/files/Spanish_Reading_Comprehension___lectura_comprensiva.pdf

lunes, 1 de junio de 2020

ESTIMULACIÓN COGNITIVA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Bo inicio de semana nenas e nenos! Hoxe tráiovos unha tarefa de inferencias. 

Trátase de ler o enunciado que aparece en cada recadro e interpretar  e razoar a información. Despois de tela analizado, debedes chegar a unha conclusión, é dicir, escoller o debuxo que mellor se axuste á oración.


Fonte: https://www.aulapt.org/2015/06/02/18-nuevas-inferencias-visuales-sencillas/