CONTOS E MÁIS CONTOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗
Nesta entrada de hoxe comparto convosco o libro "O monstro de Cores" (Autora: Anna LLenas). Escoitade con atención, a ver se identificades as emocións!
Despois de escoitalo, podemos facer algunhas actividades. Por
exemplo:
Botes das emocións:
Precisamos 6 botellas de auga. Podemos enchelas
de auga tinguida con témpera, de boliñas de papel, de sal pintado con xices de cores… Iremos
asociando cores con emocións.
Tamén podemos facelo con 6 tubos de papel hixiénico ou de papel de cociña. Mirade este exemplo:
![]() |
Fonte: https://i.pinimg.com/originals/8a/1a/a6/8a1aa67eef62597ce40a941f22f1a5d9.jpg |
Un traxe para o monstro:
Agora imos facerlle un traxe ao monstro. Nun cartón debuxade ao monstro e facede buratos ao redor.
Logo ensartaremos a la nunha agulla de plástico grande ou nunha pinza do pelo, e imos pasándoa polos diferentes buratos ata que lle rematemos de confeccionar o traxe.
Podedes facer tantos monstros de cores como queirades!
![]() |
Fonte: https://yalavueltalaluna.com/2018/03/21/actividades-con-el-monstruo-de-colores/ |
💡Se non tedes la, podedes facer esta segunda opción, con pinturas, témperas... Mirade!
![]() |
Fonte: https://yalavueltalaluna.com/2018/03/21/actividades-con-el-monstruo-de-colores/ |
No hay comentarios:
Publicar un comentario