XOGOS EDUCATIVOS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗
Hoxe propóñovos un novo xogo en familia: as sombras chinesas, unha arte traída da China. Tamén se coñece como "teatro de sombras".
Aquí déixovos os pasos para que fagades as vosas propias sombras chinesas:
1. Atopar un anaco de parede plana e lisa, sen decoración.
2. Enfocar unha luz potente (dunha lámpada, lanterna...) á parede.
3. Poñer as mans diante da luz para que se proxecte a sombra na parede.
Neste vídeo podedes aprender a facer sombras de animais:
📌Para os máis aventureiros e aventureiras propóñovos representar un conto a través dun teatro de sombras. Fixádevos neste exemplo:
Para facelo precisades este material:
✔ Unha caixa (por exemplo de zapatos).
✔ Papel de seda branco (podedes probar con papel vexetal, aínda que é máis groso).
✔ Cartolina negra (para facer os debuxos).
✔ Pauciños de madeira.
✔ Tesoiras, pegamento...
E aquí tedes os pasos (podedes ver un exemplo xa feito na imaxe de máis abaixo):
1º paso:
Colle a caixa e corta unha ventá no fondo.
2º paso:
Recorta un rectángulo de papel de seda branco un pouco máis grande que a ventá que fixemos na caixa. Cando esté recortado, pegámolo na caixa.
![]() |
Fonte:https://www.pequeocio.com/manualidades-ninos-teatro-sombras/ |
3º paso:
Para facer os títeres, debuxamos as siluetas dos personaxes na cartolina negra e recortámolos.
4º paso:
Agora pegamos as siluetas aos pauciños de madeira, que nos servirán para suxeitalos (podes pegalos con cinta adsehiva).
Xa tedes todo listo para comezar a representar a vosa historia! Lembrade que tedes que aplicar os mesmos consellos de luz que vos dei para as sombras. Seguro que vos divertiredes moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario