DÍA DO LIBRO
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗
Hoxe nenas e nenos, 23 de abril, é o Día do Libro. Por iso, vouvos propor dúas actividades para que fagades na casa cos libros que tedes á vosa disposición.
1. Exposición de libros:
Enriba dunha mesa, cadeira, sofá... (ou incluso no chan) imos expoñer aqueles libros que nos gustaría recomendar aos demais membros da familia. Cada un pode facer a súa propia exposición.
Fai recomendacións sobre os teus libros, incluso podes facer un resumo do seu contido. Tamén vai visitar a exposición dos demais e pregunta información sobre aqueles libros que che parezan interesantes!
2. Merenda literaria:
Hoxe podemos facer unha merenda especial. Á hora habitual da merenda imos falar dos nosos contos favoritos. Se alguén se anima cando remate de comer, pode contar un conto aos demais! E se queres saber se estiveron atentos, failles preguntas!
E recordade sempre:
Para crecer, crecer, crecer...
moitos libros tes que ler!
📗📘📙📕😍
📗📘📙📕😍
No hay comentarios:
Publicar un comentario