martes, 21 de abril de 2020

LECTOESCRITURA
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗

Hoxe propóñovos unha actividade diferente! Hai varios niveis de dificultade. Cada un fará segundo as súas posibilidades e coñecementos, xa que, como sabedes, nestes momentos estamos a repasar contidos.

Precisaremos revistas, periódicos, folletos, panfletos... para buscar letras e palabras. E, se non tedes nestes momentos, non vos preocupedes, tamén o podedes facer con lápis, rotuladores ou pinturas!!

Como podedes ver nos documentos, a primeira páxina é un exemplo, e despois tedes as follas en branco para que o fagades vós (en galego e en castelán).

📌 Globos de vogais e consoantes:
Buscaremos e recortaremos letras. Nun globo pegaremos as vogais e no outro as consoantes.


Fonte: elaboración propia

📌 Saquiños de letras:
Este exercicio podémolo facer con todas as letras do abecedario (unha folla por letra) e crear así o noso propio libriño do abecedario. 

Para cada letra, pegaremos no primeiro saco distintos tipos da letra que teñamos escollido, e no outro poremos palabras que comecen por esa letra. 

Fixádevos no exemplo da A.


Fonte: elaboración propia.


📌 Nomes:
Nestes bocadillos imos crear  nomes. Para iso, recortamos as letras que formen o nome. Comezamos polo noso, e logo podemos facer dos familiares, das mascotas...



Fonte: elaboración propia


📌Tren de sílabas:
Este é un tren especial. En cada vagón leva diferentes palabras segundo as súas sílabas.

Vagón 1: monolísabas (teñen só unha sílaba).
Vagón 2: bisílabas (teñen dúas sílabas).
Vagón 3: trisílabas (teñen 3 sílabas).
Vagón 4: cuatrisílabas (teñen 4 sílabas). * Tamén se chaman polisílabas a aquelas que teñen 4 ou máis sílabas.

Buscade palabras destes 4 grupos e clasificádeas no vagón correspondente.


Fonte: elaboración propia.

📌Libros de acentuación:
Estes son libros especializados en sílabas tónicas e acentos. Temos 3:

Libro de agudas
     Sílaba tónica a última.
     Levan acento se rematan en -n, -s ou vogal.
Libro de graves ("llanas"):
     Sílaba tónica a penúltima.
     Levan acento se non rematan en-n, -s ou vogal.
Libro de esdrúxulas
     Sílaba tónica a antepenúltima.
     Levan acento sempre.

Ao igual que no exercicio anterior, buscade palabras destes grupos e clasificádeas no libro correspondente.


Fonte: elaboración propia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario