RECOMENDACIÓNS
💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗💙💚💛💜💗
Aquí déixovos este medidor de voz. Temos que tentar non chegar ao nivel 5, xa que alcanzaríamos a "temperatura máxima" e, polo tanto, non sería saudable!
Hoxe, 16 de abril, é o día Mundial da Voz. Como seguramente saibades, a voz é moi importante para os seres humanos, xa que nos permite comunicarnos cos demais, transmitirlle os nosos sentimentos, as nosas ideas e experiencias, cantar... entre outras moitas cousas!
Sabedes como se produce a voz? Mirade este vídeo e descubrirédelo!
A nosa voz é única! Por iso, debemos coidala moito! Para que estea sa, debemos seguir estes consellos:
Sabedes como se produce a voz? Mirade este vídeo e descubrirédelo!
A nosa voz é única! Por iso, debemos coidala moito! Para que estea sa, debemos seguir estes consellos:
Non gritar.
Beber suficiente auga.
Falar despacio, con pausas.
Evitar ambientes de pó, fume ou contaminación.
Diminuír os ruídos do ambiente (televisión, música).
No hay comentarios:
Publicar un comentario